Nova executiva no PSOE de Coristanco

0 minutes read
  • José Manuel Pérez Abelenda é o novo secretario xeral da formación

A Comisión Executiva do PSdeG-PSOE Coristanco quedou confirmada o pasado luns, 4 de xaneiro, despois de elixir por unanimidade a José Manuel Pérez Abelenda como secretario xeral da formación. Ademais, estará acompañado por Marcos Varela como secretario de organización e por Cruz Fraiz como secretaria de política municipal.

Abelenda busca así darlle máis visibilidade á formación local e considera que isto é «un paso máis para seguir traballando por Coristanco».

Á Asemblea Extraordinaria tamén asistiu o secretario de organización do PSOE provincial, José Manuel Lage.