Nova imaxe para o lavadoiro de Mens, en Malpica

Foto do despois no lavadoiro de Mens_Concello de Malpica

  • Estas intervencións enmárcanse dentro do programa de acondicionamento das áreas recreativas

O Concello de Malpica rematou nos últimos días os traballos de limpeza e acondicionamento do entorno do lavadoiro de Mens. Esta actuación encádrase dentro dun programa de conservación das áreas recreativas de todas as parroquias do municipio que comezou semanas atrás. Entre as tarefas que se están a realizar nestas intervencións está a roza da masa vexetal e a súa retirada, así como a limpeza do pavimento nos casos onde sexa necesario.

Ademais do acondicionamento destes espazos, o Concello está a executar paralelamente os traballos de desbroce nas marxes da rede viaria municipal. A intención é completar o acondicionamento de todas as parroquias ó longo dos meses de verán.

Desde o goberno local destacaron «a importancia destas actuacións, que a pesar de que poidan parecer algo rutineiro, son moi necesarias para que a veciñanza poida gozar do noso entorno agora que chegou o bo tempo».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha