Nova imaxe para o paseo fluvial do Anllóns ao seu paso pola Laracha

Taller de empleo en el paseo fluvial del Anllóns_Ayuntamiento de A Laracha_Archivo.

  • O persoal do obradoiro de emprego A Laracha VI refixo un tramo duns 60 metros da pasarela preto do acceso desde Gabenlle

Os alumnos-traballadores e o persoal docente da especialidade de carpintería do obradoiro de emprego A Laracha VI continúan desenvolvendo a formación práctica e teórica.

Desde hai varias semanas están a executar as obras programadas no paseo fluvial do río Anllóns, acometendo a limpeza e reparación das táboas danadas en todo o percorrido da pasarela de madeira de máis de dous quilómetros e medio entre Gabenlle e O Formigueiro. Agora as intervencións concéntranse na zona máis próxima á entrada desde Gabenlle, onde se refixo un tramo duns sesenta metros do paseo –incluíndo o pasamán- e estase a aplicar un verniz antideslizante. Tamén se están a substituír as papeleiras ao longo de todo o percorrido por outras novas fabricadas polos propios alumnos no taller.

Este mércores o alcalde, José Manuel López Varela, e os concelleiros José Ramón Martínez Barbeito e Rocío López acudiron ata o paseo fluvial para interesarse polo desenvolvemento dos traballos.

Entre os proxectos realizados polos participantes do obradoiro figuran a mellora da área recreativa de Gabenlle e do entorno do Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar, ademais de intervencións de conservación noutros espazos públicos de valor natural.