Nova incorporación ao PP de Carballo


O candidato do Partido Popular á alcaldía de Carballo nas eleccións municipais que se celebrán no mes de maio, Aurelio Núñez, anunciou este sábado que Carlos Señarís Balsas (Verdillo, Carballo, 1997) pasará a formar parte do equipo de traballo da súa formación para preparar os próximos comicios locais.

Técnico de Cociña e Gastronomía, e estudante de Animación Sociocultural e Turístico, Señarís convértese na terceira fichaxe dos populares tras a incorporación nas últimas semanas de Paula Nogueira e José Antonio Domínguez.

“Seguimos sumando perfís que nos permitan chegar a todos os sectores sociais, culturais e deportivos de Carballo, e Carlos Señarís axudaranos a conseguir ese obxectivo”, apuntou Núñez, quen definiu ao novo integrante da familia popular como unha persoa con “moitas ganas de traballar e ilusionado por mellorar a vida de todos os carballeses”.

Nesta mesma liña, a presidenta do Partido Popular de Carballo, Margarita Varela, subliñou que Señarís é unha persoa “moi ligada” ao día a día da sociedade carballesa, mentres que o novo popular comprometeuse a “aproveitar esta oportunidade para achegar o seu gran de area a que o Partido Popular poida lograr a alcaldía de Carballo”.