Nova iniciativa de Vieiro | «Falemos de drogas, a información salva vidas»

1 minutes read

Con motivo do Dia Internacional da loita contra o tráfico ilícito e abuso de drogas, que se celebra o vindeiro sábado 26 de Xuño, a Asociación Vieiro organiza unha iniciativa na que participarán todos os concellos da Comarca de Bergantiños.

Este ano o lema da campaña é: «Falemos de drogas, a información salva vidas» coa que queren combater a desinformación. Debemos tratar e compartir alto e claro os feitos reais sobre as drogas, afirman desde Vieiro. «É fundamental coñecer os riscos que teñen para a nosa saúde e buscar as solucións para abordar o problema mundial das drogas, desde a prevención, o tratamento e a atención baseados en probas e o coidado das persoas con adicción ás drogas».

Para conmemorar este día, a entidade trasladou a invitación a todos os concellos da comarca de Bergantiños para sumarse a esta iniciativa. Así, esta fin de semana, todos eles iluminaranse de forma conxunta de cor verde, (cor corporativa da Asociación Vieiro) para celebrar o Dia Internacional da loita contra o tráfico ilícito e abuso de drogas neste 2021.

Desde a Asociación Vieiro agradecen unha vez máis a todos os concellos a boa disposición e a gran acollida desta iniciativa coa súa participación nesta campaña de sensibilizacón e concienciación.