39
A Asociación de Empresarios de Santa Comba ten preparada unha nova iniciativa de apoio ao comercio local con motivo do Día de San Valentín. Deste xeito do 8 ao 14 de febreiro mercar en Santa Comba ten premio. Baixo o lema “Namórate de Santa Comba”, con cada compra nos locais participantes, que se publicarán o mércores día 2 de febreiro, entregarase unha papeleta a cal se debe cubrir e introducir nunha urna dispoñible nese establecemento, entrando así no sorteo de 10 vales de compra por importe de 50 euros cada un. O martes 15 de febreiro a directiva recollerá as papeletas de cada un dos establecementos participantes. O mércores 16 ás 12:30 horas haberá un sorteo no Facebook da Asociación.