Nova Lei de tráfico | Retirada de 6 puntos por levar o móbil na man

Foto.- G.C.

  • Entrará en vigor tres meses despois da súa publicación no BOE, salvo algunha medida puntual.

O Congreso aprobou este xoves a reforma da Lei de tráfico, que inclúe a prohibición de rebasar en 20 km/h o límite de velocidade nos adiantamentos en estradas convencionais. Tamén guindar obxectos á vía que poidan causar accidentes ou incendios como cabichas ou poñer en perigo os ciclistas ao adiantalos. Ademais, aumentan de 3 a 6 os puntos para detraer por conducir suxeitando coa man o móbil. Mantense a multa de 200 euros e de 3 puntos de sanción se o infractor usa o móbil, pero non o ten na man. Soben de tres a catro os puntos para descontar por utilizar ou non facelo de forma adecuada o cinto de seguridade. Castígase con tres puntos posuír no vehículo mecanismos de detección de radares. Taxa cero de alcol para os menores de idade condutores de calquera vehículo. En liñas xerais estas son algunhas das normas que contempa a nova Lei de tráfico.