Nova Lei de Xogo en Galicia

1 minutes read

A nova Lei de xogo de Galicia busca por freo a problemática das apostas e a ludopatía na xente nova, limitando o número de locais e de máquinas de apostas ou comecartos. Estas deberán contar un dispositivo, semellante as de tabaco, que impida o seu uso por parte dos menores.

Tamén incrementa a distancia deste tipo de locais respecto aos centros educativos ata os 300 metros e prohibe a publicidade e as bonificacións que alentan ó xogo.

A nova Lei de xogo de Galicia busca protexer os menores e colectivos vulnerables, xa que segundo o Observatorio Español de Drogas e Adicións, máis do 20 por cento dos rapaces de entre 14 e 18 anos apostaron en xogos durante o último ano.