Nova licenza para a construción dunha nave no polígono da Laracha

0 minutes read

A Xunta de Goberno Local celebrada este mércores acordou conceder unha licenza urbanística para a construción dunha nova nave no polígono industrial da Laracha que será destinada a actividade de almacén dunha empresa do sector da construción. O Concello expresa a súa satisfacción por conceder esta licenza urbanística que permitirá continuar enchendo de actividade o parque empresarial e crear novas oportunidades para beneficiar o movemento económico e xerar emprego no termo municipal da Laracha.