Nova loita contra o furtivismo: Gardapescas do Grove fórmanse no manexo de drons

Os oito gardapescas do Grove xa están formados no uso do dron despois de pasar o exame preciso para manexalo. Só agardan polos permisos para lanzalo a voar e controlar as zonas máis difíciles da extensa costa que vixían. Con este dispositivo poderán mellorar a vixiancia nocturna, logrando reducir tamén tanto tempo como risco e custos.

A época máis dura para o furtivismo nesta zona é o verán pola gran presenza de turistas e a gran demanda de marisco que hai nesas datas. Na confraría do Grove tamén lles gustaría contar cun dron submarino que lles permitise controlar os furtivos que fan mergullo.

Os infractores arríscanse a multas que van desde os 35 euros por non levar a documentación ata os 36.000 da sanción máis elevada.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha