Nova manifestación dos traballadores de Alcoa


Este domingo produciuse unha nova manifestación dos traballadores de Alcoa en defensa dos seus postos de traballo. Miles de persoas maniféstanse en San Cibrao para “seguir dando a batalla” e con lemas como “SEPI traidora, A Mariña non perdoa”. Reivindican que o Goberno manteña o seu compromiso de mediar na compra entre Alcoa e as empresas interesadas. O comité de empresa ten pendente unha xuntanza proximamente coa ministra de Industria.
A intención dos traballadores é continuar manifestándose en defensa da factoría. Consideran que o interese amosado por seis industrias para mercala é indicativo de que o sector do aluminio ten futuro.
Ademais, requiren que a Sepi faga unha intervención pública temporal, un acordo de acto único que para o contribuínte non supón ningún desembolso.