Este domingo produciuse unha nova manifestación dos traballadores de Alcoa en defensa dos seus postos de traballo. Miles de persoas maniféstanse en San Cibrao para «seguir dando a batalla» e con lemas como «SEPI traidora, A Mariña non perdoa». Reivindican que o Goberno manteña o seu compromiso de mediar na compra entre Alcoa e as empresas interesadas. O comité de empresa ten pendente unha xuntanza proximamente coa ministra de Industria.
A intención dos traballadores é continuar manifestándose en defensa da factoría. Consideran que o interese amosado por seis industrias para mercala é indicativo de que o sector do aluminio ten futuro.
Ademais, requiren que a Sepi faga unha intervención pública temporal, un acordo de acto único que para o contribuínte non supón ningún desembolso.