Nova mobilización dos traballadores das auxiliares de Endesa

1 minutes read

 Os traballadores das firmas auxiliares da térmica de Endesa, nas Pontes, piden garantías de futuro para a planta. Din que é posible que Endesa siga funcionando con biocombustibles alternativos e reclaman unha transición ecolóxica xusta. A concentración foi convocada polos principais sindicatos.

O portavoz da CIG, Alberte Amado, pediu que se “constitúa a mesa da industria auxiliar dentro da mesa de transición das Pontes” para abordar a situación. Lamentou que a negociación co grupo eléctrico non permitiu “concretar o número de traballadores afectados na industria auxiliar”.

Apuntou que a realización de probas con biocombustibles para a súa posible introdución como actividade alternativa na central térmica marcará o devir da problemática. O inicio dos traballos prevese para a semana do próximo 27 de xullo e o plan conlevará a mestura de carbón e lodos no recinto.