33
O edil Alfredo Cañizo Garrido, acaba de xubilarse e por tal motivo renuncia á retribución de 36.000 euros anuais que lle correspondían do Concello de Malpica como concelleiro delegado, en réxime de dedicación exclusiva, das áreas de Servizos, Seguridade Cidadá, Tráfico, Medio Rural, Mar, Turismo e Festexos. “Vou seguir traballando polos veciños co mesmo afán, ganas e dedicación de sempre, a única diferenza é que lle vou a aforrar o soldo ao Concello”, sinalaba Cañizo tras a súa renuncia.