As forzas de seguridade investigan unha onda de roubos que se están levando a cabo na capital de Bergantiños a plena luz do día. Na maioría das ocasións adoitan ser pequenos furtos de artigos de exposición situados nos comercios. Expositor de vending na rúa Vázquez de Parga, tendas de informática, telefonía, de roupa na rúa do Horreo, Mercadona, deportes Dequip-San Remo ou mesmo unha tenda de conxelados da rúa do Sol, foron vítimas nos últimos días da visita dos amigos do alleo. Desde cartuchos de impresora pasando por artigos deportivos e ata polbo conxelado atópanse entre os variados artigos denunciados polos propietarios dos establecementos afectados. O modus operandi adoita ser parecido na maioría dos casos, polo regular entran dúas persoas na tenda, unha distrae ao vendedor e a outra bótalle a man á carreira ao que ten preto. As forzas da orde pechan o círculo sobre os delincuentes actuantes, que poderían non ser os mesmos en todos os casos, con apoio das cámaras de seguridade instaladas nos establecementos, para proceder á súa detención.
0