Nova orde de axudas en xaneiro para adquirir o carné de conducir

O prazo para solicitar estas axudas abrirá logo da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, o vindeiro mes de xaneiro, e permanecerá aberto ata o 30 de setembro. Os requisitos para acceder a estas axudas serán estar empadroado en Galicia, non estar traballando e ter 30 ou menos anos. A nova convocatoria está dotada de 800.000 euros, un 14% máis que nas anteriores edicións, e permitirá apoiar á mocidade na adquisición do permiso de conducir de coche, camión e autobús. Unhas axudas que oscilan entre os 400 e 1.300 euros e que permitiu apoiar a máis de 5.300 mozos de entre 18 e 30 anos durante as tres últimas edicións.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha