Máis dun cento de profesionais entre turoperadores, xornalistas, prescriptores e autoridades déronse cita no Pavillón Wagram da capital francesa no acto oficial de presentación do Xacobeo 21-22 neste país. Despois das presentacións en Portugal e Italia, trátase do terceiro país europeo onde se leva adiante este acto simbólico, co obxectivo de poñer en valor a celebración deste Xacobeo especial.
Ademais de servir para por en valor o enorme potencial do Camiño de Santiago para o fomento non só dos valores espirituais, senón tamén como elemento de integración europea e como espazo de encontro para a cultura e para o cultivo das relacións humanas e a celebración do Xacobeo como un momento excepcional para experimentar o Camiño, o evento celebrado en París tamén incluíu a celebración dun workshop no que participaron medio cento de turoperadores franceses co obxectivo de dar a coñecer a oferta turística coa que conta Galicia no marco da celebración deste Xacobeo 21-22.
O encontro permitiu á turoperación francesa coñecer as experiencias turísticas vinculadas ao Camiño nunha iniciativa que contou coa participación do Clúster Turismo de Galicia xunto con representantes de 10 empresas galegas especializadas neste ámbito.
Promoción internacional