Nova programación de actividades culturais en Malpica

O Concello de Malpica, a través da Concellería de Cultura a cargo da concelleira Noelia Freijeiro, lanza unha ampla programación de actividades culturais para o curso 2023/2024 que inclúe un total de catro cursos: animación teatral, arte, robótica e obradoiro de coiro.

A animación teatral e arte levarase a cabo dende outubro a maio. por outra parte, robótica e obradoiro de coiro desenrolaranse  de xaneiro a maio .

As actividades son en horario de tarde e impartiranse tanto en Malpica coma en Buño (agás o obradoiro de coiro que só terá lugar en Malpica).

As prazas deben solicitarse nas oficinas xerais do concello ou a través da sede electrónica e para máis información, as persoas poden chamar o ao 676204681, en horario de 10.00 a 13.00 horas. O máximo de prazas ofertadas por grupo é de 15 agás robótica que só dispón de 12 prazas.

As persoas interesadas tamén poden descargar os formularios para inscribirse  na páxina web: www.concellomalpica.com

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha