Nova prolongación da avenida Manuel Fraga na Laracha

1 minutes read

As obras de urbanización dunha nova rúa que conectará a avenida Manuel Fraga e a 1ª travesía Doutor López Astray, na parte posterior do Instituto Agra de Leborís do concello da Laracha están en fase de licitación ata o 5 de agosto na Plataforma de Contratación do Estado e contan co apoio da Deputación da Coruña.

Esta prolongación, duns 200 metros de longo, contará cunha calzada de 7 metros de ancho, con carrís de 3,50 metros en cada sentido, con beirarrúas e zonas de aparcamento en ambas marxes. Mellorarase tamén a accesibilidade en toda a zona, así como a seguridade peonil coa instalación dun paso peonil elevado.

Ademáis de beiarrúas e zonas de estacionamento, o novo vial contará con todos os servizos urbanos: conexión á rede de abastecemento de auga, rede separativa para saneamento e recollida de pluviais, alumeado público e instalación de redes subterráneas de suministro eléctrico e de telecomunicacións que darán servizo ás edificacións existentes na zona.

O proxecto suporá a apertura dun novo vial que conectará dúas rúas principais e ademáis de dar servizo á zona, axudará a desconxestionar o tráfico rodado na zona centro.