Estas propostas, claramente interconectadas, pasan por fortalecer a cooperación entre as empresas e por fomentar a innovación e a competitividade. Co seu lema “Un novo Carballo é posible” á espera do programa completo, seguimos coñecendo as principais liñas do mesmo.
Unha das accións claves é a creación dun clúster empresarial de ámbito local que promova a colaboración público- privada, que promova a economía circular e que impulse unha bolsa de traballo para poñer en contacto ás empresas cos demandantes de emprego.
Así mesmo, incorporan unha firme aposta polo desenvolvemento tecnolóxico e a colaboración entre empresa, universidades e centros de investigación que coloque a Carballo no horizonte I+D+i a curto, medio e longo prazo.
En canto a un sector tan importante coma o turístico, o proxecto popular propón o asesoramento para fomentar servizos de excelencia e con selos de calidade. Contemplan, tamén, a mellora e diversificación da oferta turística e a promoción no só da costa, senón tamén do interior, especialmente da contorna do río Anllóns.