Nova protesta dos traballadores de Alcoa en Ribadeo


Este xoves interromperon o tráfico nos dous sentidos da A-8 á altura de Ribadeo.
O comité de empresa advirte de que non van parar cos actos reivindicativos ata que teñan unha solución por escrito que evite a aplicación do ere que suporía o despedimento de medio milleiro de traballadores.
Reiteraron o seu apoio ao proceso de venda da planta de alumino primario á Liberty House, e insisten en que a dirección da multinacional Alcoa está actuando de mala fe e boicoteando as negociacións para o traspaso.