- A empresa Collecting Oil pasará por varias zonas do municipio durante a vindeira semana
A veciñanza da localidade de Ponteceso poderá seguir reciclando residuos urbanos especiais grazas ás novas rutas que realizará a empresa Collecting Oil durante a próxima semana.
Luns 16. Avenida Anllóns, barrio Juncal, rúas Teresa Mosqueira Manso e Eduardo Blanco Amor, praza Campo da Feira, rúa Veda, barrio Trabe, avenida Bergantiños e Rueiro.
Mércores 18. Aldea Tella, Tella, Anllóns, A Garga e rúa Cuñarros.
Xoves 19. Aldea Tella, A Gándara, Seixos, Petón, Polígono de Tella, Tallo, Vilasuso e O Rieiro.
Venres 20. Bugalleira, Ameixenda, Rebordáns, As Salgueiras, Os Melcos, Langueirón, A Vitureira, Ardabón e A Ponte Dona.
O lixo deberá estar nun lugar accesible e visible antes das 09.00 horas. Máis información chamando á empresa de recollida no 639 920 936.