Nova recollida de residuos urbanos especiais en Malpica


A empresa Collecting Oil executa esta semana unha nova recollida de residuos urbanos especiais no Concello de Malpica. O percorrido polas casas comezou este martes. O xoves continuarán por Filgueira, A Fonte dos Bois, Seixas, Vilarnovo, Piñeiros, Rúa Ventorrillo, Pedra Queimada, As Neves, A Camuza e Travesía I A Camuza A. A última xornada será o venres nas rúas Ventorrillo, Escorial e Emilio González López.

Promove esta iniciativa a Concellaría de Turismo, Festexos, Policía e Tráfico, Seguridade Cidadá e Protección Civil, Medio Rural, Mar e servizos, co tenente alcalde Alfredo Cañizo á fronte.

  • Esta recollida inclúe ata oito tipoloxías de residuos:
  • Aceite de cociña usado: de fritura, de conservas…
  • Graxas e manteigas: animal, de roxóns…
  • Pilas e baterías: de botón, AAA, alcalinas, electrónicas e de vehículos a motor…
  • Bombillas: de baixo consumo, LED e fluorescentes…
  • Electrodomésticos e electrónicos pequenos do fogar: microondas, tostadores, secadores, radios, teléfonos, ordenadores, ferramentas eléctricas…
  • Consumibles de impresoras: tóner, cartuchos e tambores…
  • Residuos téxtiles e roupa: non importa o seu estado (roto, destinguido…), só se solicita que estea limpo.
  • Restos metálicos pequenos do fogar: tixolas, moldes, potas, enxoval do fogar, bandexas…

O día da ruta, os residuos deberanse deixar nun lugar accesible antes das 9.00 horas. Pódese contactar coa empresa responsable a través do número de teléfono 639 920 936 (tanto por chamada como mediante WhatsApp) ou no correo electrónico info@collectingoil.com.