Nova recollida de residuos urbanos especiais no concello de Malpica

1 minutes read
  • Os residuos como pilas, graxas, pequenos electrodomésticos ou bombillas deberán deixarse nun lugar accesible antes das 09:00 horas

Continúa a recollida de residuos urbanos especiais polo concello de Malpica. A empresa Collecting Oil é a encargada de realizar o traxecto que pasa por diferentes parroquias para recolectar aceite de cociña usado, graxas e manteigas, pilas e baterías, bombillas, pequenos electrodomésticos, consumibles de impresoras, restos metálicos como tixolas ou potas e roupa.

O percorrido iniciouse este xoves por Aviño, Cambre, Pedrosa- A Tremoa, Rabuceiras, A Raxeira, Brión e O Castro. Este venres seguirá pola Feira Nova, Vilar, O Empalme, A Camposa, O Piñeiro e as vivendas con números pares da rúa Santa Catalina ata A Plaza.

Os residuos deberán deixarse nun lugar accesible antes das 09:00 horas. Pódese contactar coa empresa responsable chamando ao 639 920 936.