Ao longo do mes de maio a empresa Collecting Oil, responsable do servizo de recollida a domicilio de aceite vexetal usado de cociña, realizará un novo percorrido polo noso concello para proceder á retirada dos máis de 2.000 botes de almacenaxe distribuídos entre a veciñanza, unha cifra que, sen dúbida, dá conta da excelente acollida da iniciativa posta en marcha a finais do ano pasado pola Concellaría de Medio Ambiente, que dirixe José Manuel Pose Verdes, e do compromiso e preocupación da cidadanía pola contorna.
A partir do luns 6, persoal da empresa, debidamente uniformado e en vehículos rotulados, pasará polas vivendas para retirar as botellas cheas e volver a deixalas baleiras. En caso de non atoparse no domicilio o día da retirada, prégase aos propietarios/as que deixen os seus recipientes na porta e en lugares accesibles para que os operarios poidan realizar o seu traballo con normalidade. As persoas interesadas en obter máis información ou formar parte da campaña poden chamar ao teléfono 639 920 936.
