Nova rifa no Congreso | Irene Montero acusa ao PP de ‘promover a cultura da violación’


O Congreso dos Deputados viviu un momento bronco e tenso despois de que a ministra de Igualdade, Irene Montero, acusase ao PP de «promover a cultura da violación, que pon en cuestión a credibilidade das vítimas» por mor de distintas campañas institucionais en Madrid e Galicia que poñen o foco nas vítimas alertándoas de actitudes ante as que poderían sufrir agresións sexuais.

A acusación de Montero deuse durante a súa resposta á deputada do PP Belén Hoyo durante a sesión de control ao Goberno. A deputada ‘popular’ acusaba á ministra de estar «a regalar» reducións de condena e excarceracións a agresores pola lei ‘só si é si’ e preguntoulle se se puxo « no papel das vítimas».
Feijóó referiuse ao ocorrido no Congreso: «Esta ministra o que debe facer, na miña opinión, é simplemente recoller o seu despacho».