Nova ruta de recollida de residuos especiais en Malpica

PIXABAY

  • A empresa Collecting Oil prestará o servizo durante esta semana de mércores a venres

O Concello de Malpica lanza novas datas e rutas para a recollida de residuos urbanos especiais que realiza, desde hai varios meses, a empresa Collecting Oil. Aceite de cociña usado, graxas e manteigas, lámpadas, pilas ou baterías, pequenos electrodoméstiCos ou roupa son algúns dos elementos que se poden deixar depositados na rúa, nun lugar accesible na rúa e antes das 09.00 horas.

Mércores 6: Aviño, Cambre, Pedrosa- A Tremoa, Rabuceiras, A Raxeira, Brión e O Castro.
Xoves 7: Feira Nova, Vilar, O Empalme, A Camposa, O Piñeiro, rúa Santa Catalina (vivendas con números pares ata A Plaza).
Venres 8: rúas Forno Novo, Mouróns, Santa Filomena e Xaviña, Canelas, rúa Nova e rúa Gaio, Praza Cruceiro e rúas Costa, Boavista e Santa (vivendas con número impares).

Máis información chamando ao 639 920 936 ou enviando un correo electrónico a info@collectingoil.com.