Nova ruta para a recollida de residuos urbanos especiais en Ponteceso

1 minutes read

O Concello de Ponteceso fixo públicas as novas rutas que levará a cabo a empresa Collecting Oil durante esta semana de cara á recollida de residuos urbanos especiais como aceites de cociña usados, pilas e baterías, bombillas, pequenos electrodomésticos ou aparellos electrónicos, graxas ou manteigas, tixolas e potas ou roupa, entre outros elementos.

Luns 17. Carballido; As Gurichas; Lestimoño; e as rúas Cruceiro, Concello, Cuartel e Aduana

Martes 18. Praza do Recheo, rúa do paseo fluvial, polígono, avenidas Eduardo Pondal e Anllóns

Mércores 19. Avenida Anllóns; barrio Juncal; rúas Teresa Mosqueira Manso e Eduardo Blanco Amor; Praza Campo da Feira; rúa Veda e barrio Trabe

Xoves 20. Avenida Bergantiños, Rueiro, Aldea Tella e Tella

Venres 21. Aldea Tella, Anllóns, A Aarga e rúa Cuñarros

Os residuos deberán deixarse fóra da vivenda, nun lugar accesible, antes das nove da mañá do propio día de recollida. Máis información no 639 920 936.