Nova saída de vía na AC-552, ao seu paso por Dumbría

0 minutes read

Unha persoa resultou ferida este luns tras unha saída de vía na AC-552, preto do cruzamento que vai cara Dumbría. A vítima foi evacuada polo 061 para ser atendida nun centro hospitalario. Ata o lugar achegáronse os Bombeiros de Cee así como persoal que regulou o tráfico e procedeu á limpeza da estrada.

Durante a xornada de onte, e pola mesma zona, tamén se produciron outros tres sustos, segundo algunhas persoas. Estas apuntan á chuvia e a unha mancha de aceite na estrada que poderían ser as causantes destes pequenos incidentes.