Nova semana de recollida de residuos urbanos especiais en Ponteceso

1 minutes read
  • O lixo deberá estar visible, e nun lugar accesible, antes das 9.00 horas

A veciñanza de Ponteceso pode seguir reciclando residuos urbanos especiais durante esta semana grazas á nova ruta programada de mércores a venres pola empresa Collecting Oil (639 920 936).

Mércores 11. Corme Porto (rúas Nova e Paxariñas, barrio Regadiños, rúa Agra Rodríguez, barrio Fontiña, Roncudo, As Regadiñas, As Pedras Miúdas, rúas Condes e Carral, paseo marítimo, rúas Coroto e Xeneral Mourelle, rúa Sol, paseo marítimo, avenida Mariña, travesía Campiño e rúa Hortas).

Xoves 12. Barrio Remedios, rúas Crego e Fontiñas, rúa Real, Praza do Pan, barrio Fontiñas, Cerezo, Carballido, As Gurichas e Lestimoño.

Venres 13. Rúas Cruceiro e Cuartel, rúa Aduana, Praza do Recheo, rúa Paseo Fluvial, polígono do paseo fluvial, avenidas Eduardo Pondal e Anllóns.

O lixo deberá estar visible, e nun lugar accesible, antes das 9.00 horas.