- A infraestructura reforzará o subministro eléctrico ao parque da Sionlla e zonas próximas, coma o polígono de Costa Vella, de titularidade municipal.
Antes de finais de 2020 estará rematada a nova subestación eléctrica que dará servizo ao parque empresarial da Sionlla e que financia a empresa pública Xestur Galicia.
A Xunta asume un investimento de 2,5 millóns de euros para a construción da subestación, que será executada pola empresa subministradora de enerxía que construirá esta nova subestación nunha parcela cedida gratuitamente por Xestur.
O servizo eléctrico ás empresas asentadas no parque empresarial da Sionlla está garantido a través do convenio asinado entre Xestur e Unión Fenosa Distribución. A nova subestación garantirá o subministro eléctrico ao parque empresarial cando todas as parcelas estean en funcionamento e tamén servirá para reforzar o subministro do polígono de Costa Vella, de titularidade municipal.