Nova tempada de Hit Clubbin’ by dj Frisco

1 minutes read

Este sábado na medianoite arrinca a nova tempada en Nova Hit de Hit Clubbin´. O radio show comezaba a súa andaina nas ondas alá polo 2005 e foi crecendo paulatinamente ata converterse nun dos programas de radio máis importantes para os amantes do son house ao emitirse neste 2020 en 252 estacións de radio (terrestres e en liña) en 22 países de todo o mundo.
Hit Clubbin´é presentado e dirixido por Frisco Taibo, un dos radio djs mais carismáticos e cunha longa traxectoria profesional nas ondas que ao longo dos anos logrou que o seu programa afianzásese conseguindo ata en 6 ocasións o ser nomeado como “mellor radio show dance” por revistas especializadas.

Esta nova tempada coincide case á vez co recente lanzamento en todo o mundo nos principais portais dixitais do novo album recompilatorio do programa chamado “The Six Collection” compilado por Dj Frisco & Marcos Peon e como convidado o dj ruso Sharapov, onde se inclúen moitos dos numeros 1 de Hit Clubbin´.

Este é o oitavo recompilatorio do programa e na primeira semana en circulacion conseguiu situarse no TOP 67 da lista xeral de albumes de Beatport, o portal dixital mais potente do planeta. O programa nesta nova tempada manterá o formato habitual que tan boa acollida tivo ao longo de todos estes anos e por onde desfilaron os mellores djs do mundo. Ademais de en as emisoras de radio onde se emite, cada luns poderase escoitar tamén nas plataformas de ivox e mixcloud + info en www.hitclubbin.com e www.facebook.com/friscotaibo