Nova Unidade de Saúde Mental Infanto-Xuvenil no hospital Álvaro Cunqueiro

1 minutes read

O Servizo Galego de Saúde estreou unha nova Unidade de Saúde Mental Infanto-Xuvenil no hospital Álvaro Cunqueiro. Este novo dispositivo se enmarca no Plan de Saúde Mental de Galicia que contempla un importante incremento de recursos sanitarios para a Área de Vigo, en especial os adicados aos nenos e adolescentes. É a segunda da área viguesa e conta cun equipo de 5 profesionais: 2 psiquiatras, 1 psicólogo, 1 enfermeira especializada en saúde mental e 1 traballador social.

En total, as dúas Unidades do Álvaro Cunqueiro conforman un gran dispositivo de atención especializada, con 5 psiquiatras, 3 psicólogos, 1 enfermeira e 1 traballador social dedicados a atención ambulatoria da saúde mental dos nenos e adolescentes. Con este incremento de recursos físicos e humanos a Área de Vigo conta agora cunha estrutura sanitaria de saúde mental completa e ben dotada para ofertar unha atención de calidade a este sector da poboación.