Nova vida para o Fogar do Pensionista de Malpica

Cedida.

Xurxo Alfeirán, secretario da nova directiva do Fogar do Pensionista de Malpica, comenta que, os proxectos que teñen en mente, revitalizarán a vida deste espazo tan importante para as veciñas e veciños. Tanto el como o seu equipo pensaron o Fogar do Pensionista como un lugar que sirva non só para xogar ás cartas, ao dominó ou establecer faladoiros do día a día. Tamén para acoller exposicións itinerantes protagonizadas por xente de Malpica.

Organizarán charlas, e nunha primeira actividade contarán coa presenza de persoas sirias, chegadas ao noso país pola situación militar do seu. Explicarán as súas condicións de vida e despexarán dúbidas sobre a emigración e estereotipos que os atacan como pobo.

Proxectaranse películas sobre o pasado de Malpica e a veciñanza poderá participar nos coloquios, ilustrados con fotos do pasado da vila. Continuarase coas milongas, festas gastronómicas nas que a veciñanza poderá achegar o que estea previsto e están a pensar en organizar excursións.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha