O Calvo Basket Xiria enfrontouse este sábado na casa ao Universidad de Oviedo, un equipo ascendido nesta tempada, ao que de momento non lle están acompañando os resultados. O dobrete sentoulle ben aos de Héctor Méndez, levaron a iniciativa do partido dende o principio, dominaron ben o primeiro cuarto por 28-18, aínda que no segundo se impuxeron os ovetenses por 14-23. Chegábase ao descanso con vitoria local, pero con moi pouca marxe 42-41. No segundo tempo seguiu mantendo o pulso do partido o Xiria, 25-15 no terceiro cuarto. No último os asturianos tampouco foron quen de amedrentar o xogo local, cuestión que aproveitou o Basket Xiria para despegarse sen problema no luminoso, cunha conclusión de 88-76 e con Nahuel Peña, destacado como máximo anotador do partido con 24 puntos.