Nova vitoria do Calvo Basket Xiria


O Calvo Basket Xiria viaxou ata Betanzos para xogar a cuarta xornada da tempada en 1ª Autonómica contra o equipo local. A cita foi este domingo ás 19:00 horas, o Xiria presentábase coa mirada posta en cultivar a terceira vitoria consecutiva esta tempada para afianzarse na parte alta da táboa clasificatoria. E así foi, o equipo carballés foi moi superior ao brigantino durante todo o partido, con parciais de 13-19, 15-29, 14-23 e 11-16, conseguindo un resultado final de 53-87. Neste momento o Calvo Basket Xiria é terceiro, empatado a puntos co Obradoiro USC, que é segundo na clasificación xeral que lidera o Estudantes Lugo Leyma Natura.