O equipo carballés que adestra Adrián Dubra volviu gañar a domicilio, neste caso foi por 24-27 este sábado contra un complicado rival como foi o Balonmán Saeplast Cañiza.
Unha primeira parte na que o Calvo Xiria foi superior, pero que grazas á achega da portería local, o partido quedou para resolver nos segundos 30 minutos; onde un cambio defensivo por parte do Cañiza, serviu para igualar as forzas. Ao final, o Calvo Xiria levou unha vitoria que lle permite seguir mirando facía diante.
Empezaba o choque, cos dous equipos medindo as súas forzas. A igualdade mantívose ata o minuto 11, os de Carballo, a través da súa defensa, impoñíanse sobre o 40×20, os contraataques e a velocidade do xogo, á que estaba a someter ao seu rival, non se reflectía do todo no marcador, que a pesar de ir por diante, a gran actución do porteiro local nesta primeira metade, permitiu chegar con vida ao Bm Cañiza (11 a 14).
Na continuación, todo por decidir. Cambiou o sistema defensivo o Balonman Cañiza; pasando de 6:0 a 5:1. Tardaron uns minutos en axustarse e o marcador disparouse ata o 13 a 18. Pero do minuto 40 ao 46,o Xiria, atascouse en ataque, e custoulles uns cuantos balances defensivos, con protagonismo para o pivote de Cañiza, que fixo dano nos esvaramentos. Pasou a fochanca o Xiria, co 19 a 20 no marcador, volveu ao que mellor sabe facer. Defensa e contraataque claves para sentenciar o encontro. Dous puntos máis nunha liga moi igualada.