Nova vitoria dos equipos do Grupo Lemaco Xiria


Balonmán Rodeiro 20 – Grupo Lemaco Xiria A 29 – (10-14)

Non é doado xogar fora da casa un partido nestas idades, polo que os xogadores teñen que saír coa máxima concentración e actitude, superando as adversidades e xogando coa maior intensidade posible.

O Grupo Lemaco foi coñecedor de te que tiña que empregarse e aplicarse en defensa, pois as cousas viñeron torcidas cando perdía por molestias nas costas ao seu máximo realizador e potencial de lanzamento exterior nada máis iniciarse o encontro,  Angel Viña.

Tamén as solucións en ataque mudaron, cun Rodeiro repregado na liña de 6 metros, a circulación do balón tiña que ter moita continuidade para achegarse en boas posicións de lanzamento.

Foi facendo o correcto o Xiria, brillando no traballo defensivo acompañado polos seus porteiros, e poido ir tomando distancia no partido para xogar unha recta final de encontro con todo decidido e a vitoria para os de Carballo que os sitúa moi preto da clasificación para o Play Off.

Grupo Lemaco Xiria B 31 – Telepizza Arteixo BM: 28 – (15-14)

Chegaba invicto o equipo do Balonmán Arteixo nesta tempada, pero parece que non hai rival que se lles resista aos mozos xogadores do Grupo Lemaco B.

Nos primeiros minutos o conxunto de Arteixo parecía que ía a impoñerse, souberon superar a defensa 3:3 do Xiria con continuos desdobramentos e eran capaces de parar, repregados en defensa e apoiados pola maior envergadura os ataques dos carballeses.

Mudou o Xiria a defensa para controlar eses desdobramentos a unha 4:2 apoiando a labor do central defensivo e foi cerrando ocos e sobre todo asfixiando a circulación do balón do Arteixo.

Partido emocionante e de bo xogo en ambas áreas, onde ambos equipos amosaron xogadas e lanzamentos de bo nivel de balonmán, o Grupo Lemaco máis acertado de cara a gol e con máis paciencia na circulación do balón, fíxose co partido, 31 a 28.