Nova xestora en Ciudadanos ata celebrar o seu Congreso o 15 de marzo

Na xuntanza do Consello Xeral de Ciudadanos que tivo lugar este sábado, elexiuse unha nova xestora co 91 por cento dos votos.
Moitas caras coñecidas pilotarán a formación laranxa durante catro meses. É unha xestora continuista na que 13 dos seus 16 membros xa estaban na anterior Executiva con Albert Rivera… Din querer garantir unha «transición ordenada»

Preside a xestora Manuel García Bofill, presidente tamén do Consello Xeral e contará con José Manuel Villegas como número dous coa función de secretario xeral.
Moitos dos principais dirixentes de Ciudadanos seguen nos seus mesmos postos… como Fran Hervías, que continuará en Organización, ou Marina Bravo, como responsable de Programas. Na dirección da xestora tamén está o eurodeputado Luis Garicano e figuras moi coñecidas como Aguado e Villacís… Continúan ademais as galegas Marta Rivera de la Cruz e Beatriz Pino.


Dúas semanas antes da celebración da Asemblea Extraordinaria do 15 de marzo, os afiliados elixirán en primarias ao novo líder, un papel na que moitos xa ven a Inés Arrimadas. Nese momento marcarase tamén a estratexia a seguir polo partido no futuro.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha