Emitirá catro horas de radio en directo desde o paseo marítimo da praia de Area Maior en Malpica. Será un programa, maioritariamente de corte promocional e musical conducido polo veterano radiodj e locutor malpicán Dj Roy, tamén creador e produtor do radioshow «World Hits», un espazo radiofónico que actualmente se emite en máis de 20 países de todo o mundo.
A emisión estará marcada por limitacións, sen entrevistas ao público nin visitas á caseta radiofónica e cumprindo estritamente todas as medidas de seguridade, en función das condicións que nos está tocando vivir por motivo do Covid-19.
Representantes municipais darán a súa visión sobre a «Malpica Bonita» en todos os seus aspectos, mírese por onde se mire. Iso si, antes de visitar a caseta deberán pasar un control de seguridade anti-covid, con desinfección e toma de temperatura.
A conexión e envío dos sinais de audio e vídeo realizarase cun novo sistema IP-Driver, pensado para un envío de fluxo de datos de capacidade constante e alta calidade, con emisión simulcast tanto polos diales da fm como pola web www.novahit.es.