Certo é que os colegas de prensa, radiodjs, cámaras, técnicos, informáticos, realizadores, xornalistas, enxeñeiros e loxística das marcas novahit.net, nhdiario.es e Nh Iptv, gañáronse unhas merecidas vacacións. Esta semana Santa foi revolucionaria e intensa para todo o grupo. Pola Mostra do Encaixe de Camariñas pasaron este ano máis de 20 mil persoas, e por primeira vez o grupo HIT coa finalidade de realizar e retransmitir en vivo e en directo o sinal de radio e televisión durante máis de 10 horas diárias desde a súa apertura á súa clausura.

Preto de cinco mil persoas visitaron a nosa caseta e non temos máis que mostras de agradecemento cara a elas/es e cara á organización do evento por contar co noso equipo e tratarnos tan ben. Ao pé do canón estivo Lida, Loly, Fran, Iván, Rubén, Jorge, Suso e Pablo en Camariñas. A Emilio, vacacións, que xa lle tocaba!!!.
Grandes amigos e profesionais como a copa dun pino, sempre o pé de todo o que se poida plasmar en foto ou vídeo, con compostura, veteranía e saber estar; O larachés Raúl Lorenzo e o camariñán Diego Alonso capturaron ao detalle cada segundo do acontecido na Mostra do Encaixe. Moitas grazas polo voso apoio.

Ausencia recoñecida e xustificada a de Dj Roy, habitual das tardes do sábado e da noite en Melide, que estivo de xira pinchando en Valencia.

Ausencia recoñecida e máis que xustificada tamén a de Dj Frisco e Marcos Peón, que fixeron bailar a unha multitude en Romanía; Bucarest máis concretamente foi a cidade elixida por Frisco e Marcos para dar a coñecer o seu novo single “ In the morning”. A presentación tivo lugar nunha das discotecas máis importantes e selectas de Romanía , O Bamboo Club Bucharest, onde ademais fixeron gozar á xente cun dos enérxicos sets aos que nos teñen afeitos. Romanía súmase así a longa lista de países onde Taibo e Peón levaron a súa música, países como Alemaña, México, Portugal, Suíza, Austria, Indonesia, Rusia, Marrocos, Finlandia ou Colombia entre outros. Para o seu novo single, Frisco e Marcos, contaron coa colaboración do vocalista londiniense Dennis Wonder. Este novo lanzamento, “ In the morning”, que moi pronto sairá á venda, defíneno como “autentica música de club con toques máis que estivais”.


Aos poucos xa nos imos recuperando co sentimento do deber cumprido.
Moitas grazas a todos e a todas por seguirnos, vernos e escoitarnos.
Montámosche a festa???… Non dubides en contactar connosco.
prensa@nhdiario.es