Nova limpeza dos areais carballeses en colaboración co movemento asociativo

1 minutes read

O Concello de Carballo quere seguir contando co movemento asociativo e co voluntariado para retirar o granulado que chega ás praias e, ao mesmo tempo, para realizar un labor de sensibilización social sobre o gravísimo problema medioambiental que supón a presenza cada vez maior de microplásticos nos ecosistemas fluviais e costeiros. Os plásticos representan un 85% do total dos residuos que hai no mar.

Para esta fin de semana están previstas novas xornadas de limpeza para as que se conta coa axuda das asociacións Senda Nova e Limpocean. A primeira desenvolverá campañas de sensibilización os días 19 e 20 na zona de Baldaio. As persoas interesadas en colaborar unicamente deben estar ás 10.15 horas no aparcadoiro das Saíñas para facer a inscrición e poder participar na limpeza. No caso de precisar máis información poden solicitala vía Whatsapp aos teléfonos 611037617, 654887468 ou 662336323.

Pola súa banda, Limpocean traballará co voluntariado o sábado pola tarde, a partir das 15.00 horas, na zona de Razo. As persoas interesadas deben enviar un correo electrónico cos seus datos (nome completo, DNI e teléfono de contacto) a eventos@limpocean.com.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?