Novas axudas autonómicas ás agrupacións de persoal voluntario de Protección Civil

1 minutes read

Diario Oficial de Galicia publicou as bases reguladoras da convocatoria deste ano da orde de axudas ás agrupacións de persoal voluntario de Protección Civil (AVPC) dos concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de municipios inscritas no Rexistro de Agrupacións de Persoal Voluntario de Protección Civil.

As axudas poderanse destinar a necesidades como equipamento e vestimenta persoal de uniforme, así como a equipos de prevención e protección, e material informático e de comunicación, sempre que se trate de material funxible. Tamén son subvencionables os custos das actuacións levadas a cabo pola agrupación; da conservación, mantemento e alugamento da base e medios de intervencións; e da formación dos seus membros, así como o pagamento de seguros do persoal voluntario.

As entidades interesadas teñen o prazo dun mes para presentar as súas solicitudes a través do formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta, https://sede.xunta.gal.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?