Novas axudas para incorporar persoas de 41 a 55 anos á actividade agrogandeira

1 minutes read

Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a orde da Consellería do Medio Rural para apoiar os investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas de agricultores mozos ou para persoas de entre 41 e 55 anos, e para o desenvolvemento de pequenas explotacións, que contan cun orzamento total de 47 millóns de euros. O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no DOG.

Estas subvencións pertencen ao Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020. O orzamento está cofinanciado nun 12 % pola Administración xeral do Estado, nun 28 % pola Xunta de Galicia e nun 60 % polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

Con estas axudas búscase mellorar a estrutura produtiva das explotacións galegas e avanzar na consecución dunha adecuada dimensión e un correcto equilibrio dos seus factores de produción co obxectivo de mellorar a competitividade. Ao mesmo tempo, procúrase acadar un rexuvenecemento da poboación activa agraria e fomentar o emprego neste sector, con especial consideración cara ás mulleres, co fin último de fixar poboación no rural.

En concreto, a partida asignada para sufragar investimentos en explotacións agrícolas (os coñecidos como plans de mellora) será en 2024 de 27 millóns de euros; para a incorporación de mozos ao agro destinaranse 16 millóns de euros, aos que se lle suman 3 millóns dunha nova liña destinada para persoas entre 41 e 55 anos, e, por último, para pequenas explotacións haberá 1 millón de euros.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?