Novas axudas para infraestruturas municipais en concellos de menos de 30.000 habitantes

Obras en el pabellón municipal de A Laracha_Cedida

O Diario Oficial de Galicia publicou unha nova convocatoria de axudas destinadas aos concellos galegos de menos de 30.000 habitantes para mellorar as infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais ao longo do ano 2022, de forma individual ou mediante o sistema de xestión compartida, e na que a Xunta investirá este ano 3,5 millóns de euros. O obxectivo desta liña de axudas é garantir un equilibrio no territorio galego entre o medio rural e o urbano, o interior e a costa, que permita o desenvolvemento económico da totalidade do territorio e que a cidadanía galega teña unhas óptimas condicións de vida con independencia do seu lugar de residencia. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha