Novas demandas de mellora viaria na estrada de Razo por parte de Xuntos Carballo

1 minutes read
  • Destacan o desnivel nun tramo da estrada que dificulta a circulación do tráfico rodado

O portavoz da formación ‘Xuntos Carballo por un mundo máis xusto’, Xesús Deus Gende, xunto co responsable de obras da agrupación, José Luis Bardanca, fixéronse eco de novas queixas veciñais. Nesta ocasión desprazáronse ata a estrada de Razo onde nun punto concreto do tramo, xusto enriba da ponte que cruza a autovía, existe un desnivel que «afecta directamente ao tráfico rodado» xa que os vehículos invaden o carril contrario para esquivalo.

Por outra banda Xuntos Carballo tamén solicita que se acondicione de forma urxente o firme en Razo, pois o «parcheado que se fixo non hai moito está desfeito de novo».