Novas derrotas do Fisterra e do Paiosaco-Hierros


O Fisterra perdeu na casa este domingo o partido correspondente á Xornada 18 da Terceira Grupo 1, fronte ao Rácing C. Villalbés e coa volta do público ao Ara Solis. Un solitario gol de Diego Muiña deulle a vitoria ao equipo visitante, que desta forma ascende ata os 28 puntos e colócase no cuarto posto da clasificación, en posición de acceso á seguinte fase do campionato. Pola súa banda, o Fisterra mantense con 16 puntos no posto 9.

Dolorosa tamén foi a nova derrota cultivada este domingo polo UD Paiosaco-Hierros, na Porta Santa. O equipo de Juan Riveiro estaba a facerse forte ante os grandes, pero nesta ocasión non puido ser. Perdeu 0-1 ante o terceiro clasificado da táboa, o Polvorín, e continúa no vagón de cola da clasificación con tan só 10 puntos.