Novas incorporacións ao equipo da Policía Local de Carballo

1 minutes read

A Policía Local de Carballo amplía o seu equipo con tres novas incorporacións. Eduardo Castro Prado, Daniel Mariño Rodríguez e Marta Suárez Castiñeira asinaron os seus contratos como axentes en prácticas tras superar o proceso selectivo realizado a través da Academia Galega de Seguridade, á que deberán volver agora para continuar coa súa formación antes de realizar os tres meses de prácticas previos á toma de posesión como funcionarios.

O alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Seguridade, Juan Seoane, déronlles a benvida e desexáronlles unha longa e tranquila carreira profesional en Carballo.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?