Novas incorporacións ao PP de Carballo


O candidato do Partido Popular á alcaldía de Carballo nas eleccións municipais que se celebrarán no mes de maio, Aurelio Núñez, anunciou que Pastora Cerqueiro (Ferrol de Rus,1978), Beatriz Neira (Lema,1970) e Javier Calvelo (Entrecruces, 1991) se incorporán ao equipo de traballo da súa formación como representantes das parroquias carballesas.

Cos tres novos ‘fichaxes’, os populares reforzan a súa capacidade para abarcar todos os recunchos do concello, co obxectivo de chegar ao maior número de veciños e, por tanto, dixo Núñez, “coñecer moito mellor” as necesidades do municipio.

“Falamos de tres persoas que viven o día a día das súas parroquias, que conviven coa xente que habita zonas de Carballo que teñen os mesmos dereitos que os veciños que residen no centro do municipio”, dixo o popular.

Nesta mesma liña, a presidenta local, Margarita Varela, mostrouse convencida de que a panadeira, a autónoma e o gandeiro contribuirán a “enriquecer” un equipo de traballo preparado para lograr que a súa formación recupere a alcaldía carballesa.