Novas liñas de axudas para apoiar os galegos do exterior no seu retorno a Galicia

2 minutes read

O fomento do retorno dos galegos e galegas do exterior é unha das liñas estratéxicas do Goberno autonómico para facer fronte ao reto demográfico,non só como unha cuestión poboacional, senón que se trata tamén de sumar talento para enriquecer o tecido empresarial con profesionais de ampla experiencia e formación. Esta liñas contarán cun orzamento de 1 millón de euros. O importe desta axuda é de 6.000 euros, 1.000 máis se o emprendedor é muller, e 3.000 máis se reside nun concello rural, chegando así, como máximo, aos 10.000 euros.

Segundo se desprende dos datos dos últimos anos relativos á concesión destas axudas, os principais países de procedencia dos beneficiarios son Venezuela, o Reino Unido, Suíza, o Brasil e México, cunha idade media dos emprendedores de 41,2 anos. O 77 % deles contan con experiencia no sector en que investiron, e o 52,1 % deles son retornados nacidos en Galicia.

O importe da axuda establécese en función dos puntos obtidos ata chegar a un límite de 6000 euros, xa que se incrementa a axuda se a familia reside nun concello rural, e en función do número de fillos. Os principais países de procedencia das persoas beneficiarias son, segundo os datos dos últimos 5 anos, Venezuela, a Arxentina, o Brasil, Cuba, Uruguai, México, o Reino Unido, os Estados Unidos e Chile. A maioría dos beneficiarios eran fillos de nacidos en Galicia, aínda que se está a notar un aumento no número de netos retornados.

Todos os galegos e galegas do exterior que desexen volver a Galicia contan co apoio da Oficina integral de asesoramento e seguimento ao retorno, situada nas principais cidades galegas e onde se lles facilita toda a información que precisan no seu regreso, mesmo antes de que se produza esta volta, desde o seu país de residencia.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?